Ferramentas TAO

As nosas principais ferramentas de tradución asistida por ordenador (TAO) son MemoQ e Across. Temos versións de servidor de MemoQ e Across integradas no noso sistema de xestión de proxectos Plunet.

Ademais recibimos o certificado v6 de Across após ter concluído con éxito os módulos de formación en Xestión de Proxectos, Terminoloxía, Administración de Sistemas e Tradución na sede central (Alemaña) de Across System GmbH en abril de 2015.

Ademais disto, traballamos con practicamente todas as ferramentas TAO do mercado, como SDL Trados, Star Transit, RC Wintrans, Passolo, Microsoft Helium e Microsoft Localization Studio. Sempre nos adaptamos ás novas ferramentas TAO que saen ao mercado.

Sistema de xestión de proxectos

Xestionamos os nosos proxectos a través de Plunet, que é a nosa plataforma central para planificar, xestionar e controlar a nosa producción e os nosos procesos comerciais. O sistema está adaptado ás nosas necesidades e fluxos de traballo de maneira que nos permite acadar un nivel alto de automaticación e flexibilidade. Grazas a este sistema temos un excelente control sobre as cotizacións, os pedidos, a facturación e a xestión do fluxo de traballo.

Sistema de xestión de terminoloxía

A xestión da terminoloxía é a clave para ofrecer traducións coherentes. A nosa principal ferramenta TAO, MemoQ, está equipada con un potente sistema de xestión de terminoloxía. Podemos crear listaxes de terminoloxía para os nosos proxectos e cargalos no noso sistema para que os traductores poidan manter a coherencia terminolóxica durante todo o proxecto.