Tradución técnica

A claridade e a corrección terminolóxica son a clave da comunicación na industria da maquinaria pesada en no mundo da fabricación. Todos os nosos tradutores posúen a formación necesaria dentro da súa área de especialización, coñecen a terminoloxía e son capaces de expresarse nunha linguaxe que transmite a mensaxe sen que se produzan perdas de significado. Por iso, as empresas internacionais líderes en tecnoloxía escollen a Urban para os seus requirimentos de traducción. Algunhas destas empresas son Vestas Wind Systems, LG Electronics, Acciona Wind Power, Bosch Turkey, Bosch-Rexroth, Abbott Germany, AVL GMBH e Karel.

Traducción médica

O coñecemento da industria é indispensable no complexo campo da medicina. A nosa experiencia en tradución médica é o que leva ás empresas internacionais de instrumentos médicos, productos farmacéuticos e de biotecnoloxía a escoller a Urban para os seus proxectos de tradución a varios idiomas, ademáis do Turco. Algunhas destas empresas son Abbott, Siemens, Boehringer Ingelheim, Bayer, GlaxoSmithKline, Fresenius, Aurobindo, Daichi-Sankyo, Celgene e Genzyme.

Traducimos manuais de usuario, técnicos e de instalación, vídeos de seguridade e formación, software, documentación de rexistro, folletos de seguridade, instruccións de uso, documentos de estudos clínicos e protocolos, sitios web, material de marketing, etiquetas, embalaxe e moito máis para empresas farmacéuticas, de instrumentos médicos e biotecnoloxía.

Sector da automoción

Dentro dos servizos de tradución técnica, Urban Servizos de tradución posúe unha gran especialización na traducción para o sector da automoción. Traducimos manuais de propietario, manuais para talleres e diversos materiais de mercadotecnia para grandes empresas do sector da automoción e maquinaria pesada como Volvo, Atlas Copco, Scania, Caterpillar, Opel, Seat, Mitsubishi, Temsa e Otokar.

Tradución legal

O noso departamento legal, composto por tradutores legais certificados e xestores de proxectos especializados, traballan para as maiores empresas legais de Turquía e España e ocúpanse de casos internacionais. Neste contexto, traducimos para empresas como Mehmet Gun&Co, Altalex e ELIG Attorneys at Law dende varios idiomas ao inglés, turco, castelán e catalán e viceversa.

Tradución financeira

Os proxectos de tradución de empresas financeiras líderes son xestionados polo noso departamento de tradución financeira. Levamos a cabo proxectos de tradución en varios campos como contabilidade, banca comercial, xestión de activos, banca de particulares, banca de investimento, seguros, hipotecas, préstamos e títulos, bens inmobles, etc. Tamén somos a empresa de tradución escollida por Eurorbank Tekfen, Akbank e Kuveyt Turk Bank.

Tradución de patentes

Urban é o provedor líder de tradución de patentes en Turquía. A nosa precisión técnica, ampla experiencia en tradución de patentes e os nosos sistemas de control de calidade permítennos axudar a empresas e bufetes de avogados. Arçelik, número un en patentes de Turquía, prefire a Urban para os seus proxectos de tradución. Do mesmo xeito, Mehmet Gun&Co, bufete de avogados recoñecido en Turquía, tamén nos escolle para a tradución das súas patentes.

Tradución xurada

Se precisa servicios de tradución xurada en Turquía ou España, póñase en contacto coas nosas oficinas de Estambul ou Barcelona. Grazas aos nosos tradutores xurados, que traballan con máis de 30 idiomas en Turquía e España, podemos satisfacer as demandas de tradución de documentos oficiais de clientes que queren fundar unha empresa, abrir unha conta bancaria ou empezar un procedemento legal. Se é necesario, entregamos o traballo do tradutor xurado selado, notarizado ou apostilado.