Urban Translation Services ofrece solucións completas de autoedición (DTP, polas súas siglas en inglés) que van dende a tradución ata a preparación para a impresión. O noso equipo de DTP pode empregar practicamente calquera programa de autoedición común tanto en PC como en Macintosh para todos os idiomas, por exemplo, Adobe InDesign, QuarkXpress, Adobe Framemaker, Adobe Pagemaker e Coreldraw, xunto con varias ferramentas TAO.

Se o precisa, podemos ofrecerlle paquetes de servizos que inclúen todos os procesos de preparación de documentos, dende a tradución ata a impresión, pasando polo deseño. Por exemplo, podemos traducir o seu manual de funcionamento, preparalo no formato que solicite, como Adobe InDesign, Adobe FrameMaker, Adobe PageMaker ou outros, e despois imprimilo.