Globalización

Arcelik   

Dende a nosa fundación, temos xestionado proxectos de tradución dende o inglés a máis de 30 linguas para as marcas europeas de Arçelik (Beko, Blomberg, Grundig), para quen traballamos como proveedor único de servizos lingüísticos. Ó longo deste proceso, preparamos manuais de usuario para miles de modelos de electrodomésticos de liña branca en inglés, traducímolos a varios idiomas europeos e asiáticos coa máxima calidade e entregámolos listos para imprimir.

Na segunda metade do 2013, tras superar con éxito unha proba complexa, fomos elixidos como o mellor proveedor de servizos lingüísticos entre unhas 15 axencias de tradución españolas para a tradución de artigos de National Geographic do castelán ao ruso. Así pois, proporcionamos os nosos servicios de xeito habitual para a edición rusa de National Geographic.

Otokar atópase entre os fabricantes líderes do sector da automoción de Turquía e, dende 1963, satisface as necesidades dos seus clientes a través das súas gamas comercial e militar. Otokar confía en Urban Translation Services dende o último trimestre de 2012.  Dende entón, levamos traducidos varios documentos técnicos e comerciais para a empresa aos principais idiomas europeos.

Fomos a única axencia de traducción de Turquía que cumpriu os requirimentos de calidade na licitación para a provisión de servicios de tradución que en 10 idiomas aberta pola Axencia de Promoción e Apoio ao Investimento do Miniterio da Presidencia da República de Turquía. Traducimos diariamente comunicados de prensa e outros documentos da axencia do inglés a 10 idiomas. Ademáis, gañamos o concurso para 2013 e continuamos a lles ofrecer os nosos servizos.

A nosa relación comercial comezou en 2012 coa tradución de karel.com.tr ao inglés e, posteriormente, ao francés e ao ruso, e actualmente continúa coa localización en varios idiomas de todo tipo de software e documentación dos sistemas de comunicación e seguridade de Karel.

Traducción médica

En xaneiro de 2007, traducimos e preparamos para impresión 2 millóns de palabras de instrucións de uso de produtos empregados nos analizadores de Abbott, unha coñecida empresa médica, nun plazo de 20 días. Este proxecto permitiunos empezar a traballar activamente con coa sede central de Abbott en Alemania, ademáis da de Turquía. Tamén cubrimos os requirimentos de tradución de Abbott a diversos idiomas europeos nalgúns proxectos específicos.

En 2012, convertémonos en proveedor de preferencia de Bayer, empresa coa que levamos colaborando dende 2007 e para a que xestionamos a tradución de todo tipo de documentos de rexistro.

Temos levado a cabo varios proxectos de tradución a gran escala para Johnson&Johnson como, por exemplo, documentación de rexistro, artigos, sitios web, etc. Moitos dos departamentos da empresa traballan con nós habitualmente.

Dende 2007, somos o proveedor único para a tradución de documentación de rexistro de Boehringer Ingelheim. Levamos traducidas decenas de miles de páxinas do inglés e o alemán ao turco.

Sector da automoción

Levamos dende 2006 traducindo diferentes documentos, como manuais do propietario, manuais do operario, manuais para talleres e diversos materiais de mercadotecnia para Volvo Cars e Volvo Heavy Duty Machinery. Tamén realizamos proxectos de tradución para a maquinaria de alto rendemento de Caterpillar e os camións de Scania.

Levamos a cabo a tradución de guías do condutor e documentos técnicos dende o inglés cara ao turco, o alemán, o italiano, o francés e o holandés para os autobuses fabricados por Temsa Global, empresa coa que empezamos a colaborar en 2011 despois de superar un meticuloso proceso de probas e avaliacións.

Localización de software

NeuSoft, un dos fabricantes de software máis coñecidos do mundo, decidiu traballar connosco en 2012 tras levar a cabo un longo proceso de avaliación previa. Encargámonos de localizar o software desta empresa en turco, alemán, francés, italiano e español.

O xigante mundial do software Computer Associates escolleunos para levar a cabo un proxecto de localización de 1 millón de palabras, proxecto que realizamos con éxito no breve prazo de 3 meses. Actualmente, recibimos proxectos regulares de Computer Associates.

Electrónica de consumo

A empresa líder alemana Bosch escolleunos en 2011 como proveedor de servizos de tradución para a documentación das súas ferramentas eléctricas e electrónicas. En 2012 empezamos a traballar nos productos do sector auxiliar do automóbil e nos documentos de comunicación corporativa da empresa. En 2013, o seu departamento de electrodomésticos de liña branca tamén se puxo en contacto con nós.

LG Electronics, que en 2011 ampliou as súas operacións en Turquía, escolleu a Urban para os seus proxectos de tradución ao turco. Ademáis dos manuais de usuario dos electrodomésticos de liña branca, aparatos electrónicos, aparatos de aire acondicionado, etc., encargámonos da tradución dos seus certificados de homologación.

Sector financeiro

Dexia Asset Management elixiunos para traducir os seus documentos financeiros dende o francés e o inglés ao turco en 2007. Levamos traducidas máis de 400.000 palabras para esta empresa en 3 anos.

O noso departamento de traducións financeiras conta con tradutores e editores que posúen excelentes coñecementos no mundo das finanzas e xestiona proxectos de tradución dos principais bancos de Turquía como Eurobank Tekfen, Akbank e Kuveyt Türk Katılım Bankası.

Sector enerxético

En 2008 comezamos a traballar para a oficina turca de Vestas, unha das empresas líderes mundiais no sector da enerxía eólica. Como resultado do noso traballo, que se prolongou con gran éxito ata o 2012, chegamos a un acordo coa sede española da empresa e empezamos a xestionar os seus requirimentos de tradución ao turco directamente a través desta sede.

A nosa relación de cooperación que establecemos con Acciona en 2010 durante a súa fase de estudio de implantación en Turquía mellora día a día. Ademáis dos documentos legais necesarios para o establecemento da empresa, tamén traducimos ao turco varios folletos e documentación técnica.

A comezos do 2013 comezamos a colaborar coas oficinas centrais de Tecnicas Reunidas, líder en España en enxeñaría e costrución no sector do petróleo e o gas. É tamén unha das empresas máis importantes no deseño e construción de plantas industriais de petróleo e gas en Europa e un dos líderes mundiais no sector da refinaría. Urban Translation Services ocúpase dos seus proxectos de tradución técnica e legal (1 millón de palabras traducidas aproximadamente) en diferentes combinacións lingüísticas nos que tamén empregamos varios programas informáticos como, por exemplo, AutoCAD.