Tekom European Association for Technical Communication

TEKOM (European Association for Technical Communication), Asociación Europea para Comunicación Técnica, é a asociación europea máis grande que se ocupa da comunicación técnica e o desenvolvemento de información. Conta con máis de 6.000 membros pertencentes a todos os sectores económicos de varios países europeos. O principal obxectivo da asociación é promover os intereses comerciais e profesionais de todos aqueles membros que teñen relación coa comunicación e documentación técnicas. Por exemplo, redactores, ilustradores e tradutores técnicos, e xestores de marketing ou de producto.

American Translators Association

ATA (American Translators Association) é unha asociación profesional fundada para desenvolver o sector da tradución escrita e oral e contribuír á mellora profesional dos autónomos. Conta con máis de 10.000 membros en máis de 90 países, entre os que se atopan tradutores, profesores, xestores de proxectos, programadores web e de software, propietarios de empresas de tradución, hospitais, universidades e institucións públicas.

Deutsch – Türkische Industrie – und Handelskammer

A AHKB Turquía (Cámara de Comercio e Industria Turco-Alemana, polas súas siglas en alemán) conta con arredor de 600 membros procedentes dos diferentes sectores comerciais alemáns e turcos, e fomenta as relacións comerciais mutuas entre Alemaña e Turquía.  Esta institución colabora cos representantes comerciais de ambos países á hora de establecer comunicacións e protexe os intereses das dúas partes; tamén ofrece numerosos servizos de asistencia ás empresas para axudarlles a introducirse no mercado turco ou alemán e a ter éxito nel.