A PHP Error was encountered

Severity: Notice

Message: Only variable references should be returned by reference

Filename: core/Common.php

Line Number: 257

Quen somos | Urban Translation Services

Urban Translation Services fundouse en 2006 e logrou converterse nunha das empresas de tradución líderes de Turquía. Traballamos para atender as necesidades lingüísticas dos seus clientes do mellor xeito posible.

En novembro de 2010 abrimos unha sucursal en Barcelona para desenvolver os nosos servizos de tradución multilingües, o que nos permitiu ampliar as combinacións de idiomas que ofrecemos.

Urban Translation Services conta cuns 35 empregados internos nas súas oficinas de Estambul e Barcelona. Centrámonos principalmente nas seguintes linguas: turco, grego, árabe, persa, linguas túrquicas, castelán, catalán, galego e éuscaro. Os nosos xestores de proxectos profesionais poden comunicarse con vostede en alemán, árabe, castelán, catalán, francés, galego, inglés, italiano e turco do mesmo xeito ca un nativo.

Contamos cunha ampla rede de tradutores con máis de 200 profesionais autónomos nativos en todo o mundo. Con esta rede, podemos ofrecer traducións de gran calidade dende o inglés, francés e alemán a calquera idioma.

O noso departamento de autoedición pode empregar practicamente calquera software de DTP para todos os idiomas tanto en Macintoshcomo en PC.

A maior proba da nosa calidade é o feito de que as empresas máis grandes e de renome de Turquía son clientes nosos. Así mesmo, moitas empresas tecnolóxicas e médicas internacionais de Europa e Norteamérica escolléronnos como provedores de traducións ao turco e a outros idiomas da nosa zona, o que dota a Urban dun carácter internacional.

Urban Translation Services especialízase en traducións técnicas, médicas e legais, así como en localización de software. Os nosos departamentos establécense en base aos campos de especialización e están compostos por xestores de proxectos, tradutores e editores cos coñecementos académicos e tecnolóxicos requiridos.