• Servizo de gran calidade: O noso proceso de produción en tres fases, é dicir, tradución-edición-corrección, cumpre as normas de calidade ISO 9001 e EN 15038, e constitúe a  clave do noso éxito.

  • Prezos competitivos: Ofrecemos aos nosos clientes de todo o mundo servizos de tradución que cumpren as normas de calidade internacionais a tarifas competitivas. 

  • Competencia en tecnoloxía:Estamos ao día das novidades en tecnoloxía da traducción. Traballamos con todos os formatos de ficheiro, así que vostede non precisa adaptarse a nós. Nós adaptámonos a vostede.

  • Servizos de DTP profesionais:O noso experimentado equipo de DTP ofrece produtos de alta calidade listos para se imprimir nos programas de software máis populares, como InDesign, Framemaker, Pagemaker, Macromedia Freehand, Coreldraw, etc.

  • Asignación dun xestor de proxectos:  Os nosos xestores de proxectos contan cos coñecementos tecnolóxicos e académicos correspondentes aos campos dos que se ocupan. Eles serán os responsables de atender as súas necesidades de tradución coa maior calidade posible.

  • Accesibilidade durante as 24 horas:En Urban Translation Services sempre haberá alguén para atendelo, mesmo fóra das horas de oficina. Pode poñerse en contacto co seu xestor de proxectos sempre que o desexe a través dos teléfonos da oficina e do teléfono móbil para facerlle chegar as súas solicitudes de traballo.

  • Urban, unha sucursal da súa empresa: Ofrecemos unha ampla gama de solucións innovadoras para axudar ás empresas a desenvolver as súas oportunidades de negocio a nivel mundial. Creamos sistemas compatibles cos requisitos de tradución e documentación específicos da súa empresa.